sábado, 28 de junio de 2014

HOLA RAPAC@S!!!

POR FIN TEMOS O RESULTADO FINAL DO NOSO TRABALLO..... O VIDEO DO MÓVETE +.

SO AGRADECERVOS A VOSA COLABORACIÓN: NAIS, PAIS, AVÓS, AVOAS,CONSERXE,COCIÑEIRAS,MESTRES E MESTRAS... E COMO NON AO PAPÁ DE CLARA E ROQUE MARTÍNEZ LÓPEZ,TOÑO GOÁS....POR MONTAR ESTA MARABILLA.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!





OLA MOZOS E MOZAS!!!

Estamos xa na recta final do curso....e o MÓVETE+ estase cocendo.....levamos moitos meses traballando neste proxecto dende as clases de EDUCACIÓN FÍSICA,MÚSICA, nos RECREOS, nos cambios de hora...etc e xa temos ganas de ensinarvos a TODOS E TODAS o que vai ser o resultado final:

UNHA COREOGRAFÍA CONXUNTA con toda a comunidade educativa,profes, alumnado e como non os PAPIS E MAMIS que puxeron tantas ganas como os/as seus fillos/as.

Neste proxecto traballamos transversalmente a área de MÚSICA E EDUCACIÓN FÍSICA. O profe Marcial cambiou a letra orixinal do MÓVETE+ proporcionada pola xunta de Galicia dende o plan PROXECTA, (aproveitamos que estamos co proxecto COMENIUS " SHALL WE DANCE?" ) para meter pinceladas en inglés). Despois de facer un CASTING para selecionar as mellores voces do cole de Galdo( tal como vos explicamos na entrada anterior) o resultado final da canción do MÓVETE+ é o seguinte.....
Espero que vos guste....
A CANCIÓN DA  LETRA ESTÁ GRABADA POR IVANA POLO FRAGA E SARA FERNÁNDEZ MARTÍNEZ,( alumnas de 6º e 4º curso respectivamente) gañadoras do casting. Os coros cantados polo alumnado finalista.

AQUÍ VOS DEIXO UN PEQUENO TRAILLER DOS ENSAIOS XERAIS DA COREOGRAFÍA CON TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA!!

GRAZAS A TODOS E TODAS.
HOLA PEQUENOS E PEQUENAS!!

ESTE É UN PEQUENO VIDEO DA FINAL DO CASTING DO MÓVETE +, FEITO POLO MESTRE DE MÚSICA MARCIAL MIRAMONTES.

A ESCOITAR E BAILAR!!



martes, 10 de junio de 2014

lunes, 7 de abril de 2014

Final casting

Ola rapaces!!! Aquí deixamos o audio para que poidades escoitar un pouquiño da final do casting.

Esperamos que disfrutedes, en breve estará preparado o vídeo ;-)





miércoles, 12 de febrero de 2014

OLA MOZ@S!


Este mes queremos poñer a andar o PROXECTO MÓVETE+,é unha nova atividade dirixida a todos os escolares de Galicia para promover a actividade física, a través dunha acción de carácter lúdico, transversal, divertida e ,ao mesmo tempo SAUDABLE,que nos axude a sumar máis cantidade de exercicio físico para achegarnos a cantidade mínima de exercício remomendado dende a OMS.

Esta actividade desenvolverase nos tempos de lecer, como recreos,nas clases de educación física e tamén na de música, xa que a canción ímola traballar dunha forma bonita e orixinal!. A canción dura algo máis de 3 minutos,no cole decidimos facer unha PROPIA VERSIÓN ORIXINAL DO TEMA, aproveitando que estamos traballando co proxecto europeo COMENIUS ( SHALL WE DANCE?), fixemos unha letra nova onde aparecen pinceladas en inglés....

Para que o alumnado poida cantar dita canción, decidimos facer un CASTING DO MOVETE+,un casting de selección de voces para a gravación da nosa versión,é de carácter voluntario, terán que preparar dúas cancións, unha obrigada ( a canción orixinal do móvete+ proporcionada pola xunta de Galicia) e outra de libre elección; poderase participar de forma individual ou en grupo. As audicións comezarán o martes 18 de febreiro.

Plublicaremos o tríptico coa información, a folla de inscrición, a música e a letra orixinal.


SE TE QUERES DIVERTIR NON O PENSES,ANÍMATE E PARTICIPA!!!
Folla de inscrición

Canción para o casting do Móvete+

miércoles, 22 de enero de 2014

Cantata Nadal

Ola rapaces!!! Aquí tedes a cantata de Nadal que fixeron os alumnos de 4º e 5º.
Espero que vos guste.